Ciudadanos quere seguir crecendo en Galicia
Publicado o 29/04/2019 02:04
Unha das formacións que recordará esta xornada electoral en Galicia é Ciudadanos. Pasou de 135.000 a 180.000 votos. O partido laranxa conseguiu por vez primeira representación no Congreso por unha provincia galega. Neste caso foron dúas. Marta Rivera pola Coruña e Beatriz Pino por Pontevedra. Ambas aseguraron que Ciudadanos chega para quedar en Galicia e deben demostralo na próxima cita electoral.