Ciudadanos presenta unha denuncia no Tribunal de Contas polo rescate de Plus Ultra
Publicado o 07/06/2021 08:31

Ciudadanos presenta hoxe unha denuncia no Tribunal de Contas polo rescate da aeroliña Plus Ultra por parte da SEPI. Será a presidenta da formación Inés Arrimadas a que presente a demanda, acompañada por Edmundo Bal e Luis Garicano.
En Ciudadanos cualifican de escándalo a axuda económica de 53 millóns de euros que recibiu a aeroliña. Din que non é unha compañía estratéxica e que ademais xa estaba en crise antes da pandemia. En Plus Ultra negan calquera irregularidade e din que recibiron as axudas públicas seguindo todos os procedementos legais.