CRTVG

Buscar

Ciudadanos pechou a campaña en Barcelona pedindo a todos os moderados que o domingo voten laranxa

Publicado o 08/11/2019 21:12

Ciudadanos pecha a campaña electoral en Barcelona cun mitin no que participan tamén os candidatos galegos. Arroupado por candidatos da formación chegados de todo o país, Albert Rivera aproveitou este último acto electoral para lembrar que o voto a Ciudadanos vale para dar estabilidade política, para defender a unidade do país e para levar adiante as reformas que España precisa. Pediu a todos os moderados que o domingo vaian votar laranxa para pararlle os pés a Sánchez.

Noticias web

08/11/2019