Ciudadanos mobilízase contra os indultos do 'procès'
Publicado o 11/06/2021 20:27
Ciudadanos convocou este venres unha concentración en Barcelona en contra da concesión destes indultos. A líder do partido, Inés Arrimadas, participou na protesta fronte á delegación do Goberno en Cataluña. Baixo o lema "Non no noso nome", a da cidade condal foi a principal das mobilizacións organizadas pola formación laranxa en varias cidades españolas.