Ciudadanos esixe a aplicación do 155 en Cataluña para negociar cos socialistas
En Unidas Podemos admiten que os resultados das últimas eleccións son malos, pero cren que iso non cambia o seu papel decisivo para que España teña un goberno progresista.
Irene Montero Voceira de Unidas Podemos "Imos traballar dende a oposición que non deron que é modesta Asumindo tamén as tarefas de partido pero sen olvidar que nacimos para gobernar"
No PSOE destacan que os de Iglesias perderon moitos apoios e arrefrian a fórmula do goberno de coalición.
José Luis Ábalos Secretario de Organización do PSOE "Asumir estes baños de realidade que nos dan os cidadáns para plantexar os niveis de colaboración. Buscar ou explorar outras fórmulas de colaboración que non son gobernos de coalició ".
E miran a Ciudadanos para intentar gobernar algúns concellos e comunidades. Citan Castela e León, Murcia e Madrid e aconsellan aos de Rivera que se afasten do PP.
José Luis Ábalos Secretario de Organización do PSOE "A única posibilidade de que Ciudadanos teña un perfil político é non subordinándose aos intereses do PP non quedando laminados e incluso aspirando a representar algunha das institucións".
Ciudadanos analizará cada caso pero ve máis probable chegar a acordos co PP. Non van sentar con Vox, pero tampouco rexeitar o seu apoio, e negociarán co PSOE só no caso de dirixentes que se desmarquen de Sánchez con propostas como a aplicación do 155.
José Manuel Villegas Secretario xeral de Ciudadanos "O normal é que teñamos conversas co PP. Non sei se ningún sito se podería chegar a falar co PSOE se se dan esas circusntancias excepcionais".
E no PP tamén os confirman como socios preferentes.