Ciudadanos di que non se oporá a que Iceta sexa senador
Ciudadanos oporase a que Miquel Iceta presida o Senado, pero non impedirá o paso do socialista do Parlament á cámara alta.
Albert Rivera, presidente de Ciudadanos, di que "se bloqueamos todas as votacións que non nos gustan ideoloxicamente, non habería senadores por designación autonómica. Así que non imos bloquear, non o fixemos nunca".
Rivera desmarcase así da estratexia dos nacionalistas, que si ameazan con vetar este xoves a designación de Iceta. O líder do PSC advirte de que podería levar o bloqueo ao Constitucional.
Miquel Iceta, primeiro secretario do PSC, di que "constituiría unha violación dos nosos dereitos como grupo parlamentario e, por extensión, dos máis de 600.000 cataláns que nos votaron".
No Congreso, Podemos celebra o acordo para sumar co PSOE 5 das 9 cadeiras da Mesa. Garanten que usarán a maioría para facilitar o labor lexislativo.
Irene Montero, de Unidas Podemos, aposta por que "non que haxa unha maioría como a houbo na pasada lexislatura de PP e Ciudadanos que o único que facía era bloquear o traballo desta cámara".
Sobre o futuro executivo, o PSOE insiste en que non concretarán a súa oferta a Podemos ata saber que pasa nas eleccións do 26 de maio.