Ciudadanos culpa o PSOE de alimentar o odio contra eles na manifestación do Orgullo
• O Partido Popular solidarízase con Inés Arrimadas
Ciudadanos reclama a dimisión do ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, e culpa o PSOE e a Podemos de alimentar o odio contra eles tras seren evacuados da manifestación do Orgullo Gay en Madrid con protección policial.
Ese pedimento fíxoo Inés Arrimada, que encabezaba a delegación da formación laranxa que estivo na marcha dos colectivos LGTBI. Case desde o comezo, recibiron apupos e foron cualificados como traidores en alusión aos tratos políticos con Vox.
Os militantes da formación laranxa denuncian que estiveron case dúas horas practicamente bloqueados pola multitude e sen protección policial, nunha situación de "fustrigamento": Sufriron empurróns e o lanzamento de xeos e algunha botella, entre berros na súa contra. Finalmente, a policía rescatounos e abandonaron a manifestación xa entrada a noite.
Inés Arrimadas declaraba hoxe que continuarán "defendendo con valentía a liberdade e a igualdade onde sexa necesario".
Desde o PP o seu secretario xeral, Teodoro García Egea, solidarizábase con Arrimadas a través de Twitter e lembráballe literalmente ao ministro Marlaska que "intolerantes non son os que pactan baixar os impostos ou garantir a igualdade", senón "os que non condenan agresións a representantes públicos".