Ciudadanos celebra a súa quinta asemblea xeral por videoconferencia
Publicado o 30/04/2020 21:00
Ciudadanos celebra, desde hoxe e ata o domingo, a súa quinta asemblea xeral do partido. Debido ao confinamento polo coronavirus, está a ser a primeira asemblea dun partido político que se celebra vía telemática. Os 510 compromisarios, que teñen dereito a voto, debaten desde as súas casas. De momento, o partido laranxa aprobou xa os informes de xestión e de contas por unha ampla maioría.