Cita histórica para o Burela de fútbol sala feminino, que pode gañar o terceiro título de liga
Publicado o 28/06/2020 10:29
O Burela Pescados Rubén ten unha cita coa historia. Esta tarde xoga a gran final da liga feminina de fútbol sala diante do Alcorcón. O Burela xa foi campión nos anos 2013 e 2016 e podería acadar o seu terceiro título.
Nesta edición tan especial pola covid-19 o formato é unha fase rápida con semifinal e final na que todo se resolve en tres días. O Alcorcón gañoulle ao Ourense Envialia na semifinal cunha grande actuación da goleadora galega Vane Sotelo, principal perigo para as da Mariña.
O Burela parte como favorito pero coa incógnita de coñecer o seu rendemento, despois de estar sen xogar un partido desde hai máis de tres meses.