CRTVG

Buscar

Cita histórica e transcendental entre o Rácing e o Deportivo na G2

Publicado o 20/02/2021 15:10

Dous equipos que pretenderán o balón na Malata como estratexia na busca do gol. Porque o empate non abonda para soster ambicións e menos ante un rival directo.

Na busca do gol os problemas son do Deportivo: 8 tantos en 14 partidos non dan para aspirar ao ascenso. Pero os de Rubén de la Barrera chegan á cita saneados tras a vitoria ante o Guijuelo.

Gran visitante, en Ferrol o Rácing baixa o rendemento, con só unha vitoria na casa. Agora leva tres semanas afastándose do obxectivo por non conseguir dar pasos de tres puntos.
Segundo partido para apreciar os matices de Cristóbal Parralo nun club con moitos vencellos en Abegondo.

A anterior visita oficial do Deportivo á Malata foi na Copa en 2002. Vitoria coruñesa por 3 a 4 nun derbi trepidante.
Hoxe na bancada non haberá público polas restricións sanitarias. No céspede estará toda a emoción.

Noticias web

20/02/2021