CRTVG

Buscar

O Cisne e o Cangas perden diante de rivais directos por evitar o descenso da Asobal

Publicado o 28/02/2021 12:11

O Cisne amosou dúas facianas ben diferentes na súa visita á cancha do Porto Sagunto, rival directo para salvar a categoría. Na primeira metade mantivo o tipo o equipo de Jabato, con bo papel do seu porteiro Jorge Villamarín. Ao descanso os pontevedreses perdían por dous tantos.

Porén, no reinicio chegou un duro parcial de 8 a 0, o que fixo imposible a remonta dos xogadores do Cisne. Os levantinos consegurion ao final unha renda favorable de 12 tantos.

Pola súa parte, o Cangas perdeu por un gol ante o Vila de Aranda, logo de que nos intres finais Ribeiro estrelase un lanzamento na trabe da portería visitante que lles puido dar o empate aos de Nacho Moyano.

Con este resultado o cadro do Morrazo perdeu unha grande oportunidade na loita pola permanencia e o primeiro triunfo da segunda volta no Gatañal terá que agardar. O Cangas tivo na segunda metade varios ataques nos que puido abrir unha fenda no marcador, pero as imprecisións no pase e a falta de acerto cara á portería contraría permitiron a reacción do Vila de Aranda, que levou os puntos do Gatañal.

Noticias web

28/02/2021