CRTVG

Buscar

Circulaba coa ITV caducada e descóbrenlle 119 doses de heroína

Publicado o 16/11/2020 14:45
Circulaba coa ITV caducada e descóbrenlle 119 doses de heroína

En Pontevedra pararon o condutor dun ciclomotor por levar a ITV caducada e, finalmente, quedou detido por posesión de drogas. Unha patrulla da Policía Local comprobou telematicamente que a súa documentación non estaba en regra e parárono para lla requirir.

Os axentes observaron que estaba moi nervioso e realizáronlle o test de drogas. Deu positivo en dúas substancias estupefacientes, polo que procederon a rexistralo.

Agochada no seu corpo atoparon unha bolsa con 119 papelinas de heroína lista para ser consumida. É a maior incautación desta droga, en doses preparadas, efectuada pola Policía Local de Pontevedra.

Noticias web

16/11/2020