CRTVG

Buscar

Un grupo de 52 peregrinos volven á casa tras detectarse un gromo no seu grupo

Publicado o 10/08/2021 10:24

Un grupo de 52 peregrinos tivo que regresar á casa tras dar positivo dos dos seus integrantes. Foron confinados no albergue de emerxencias para este tipo de casos do concello de Portomarín, alí estiveron illados ata que os recolleu un autobús que os levou de volta a casa, en Alcalá de Henares.

Ante a aparición dalgúns síntomas compatibles coa covid, realizóuselles unha proba de antíxenos no centro de saúde de Portomarín, con resultado positivo. Hai dúas persoas, de momento, contaxiadas no grupo de cincuenta que estaban a percorrer o Camiño xuntos.

A volta á casa fana en dous grupos, os casos positivos viaxarán en coche xunto a un dos organizadores da peregrinación e o groso do grupo, en autobús. Sanidade xa lle trasladou á Dirección de Saúde Pública de Madrid os datos para que poidan facerlles un seguimento á súa chegada.

 

Noticias web

10/08/2021