CRTVG

Buscar

Cincuenta casos en Galicia relacionados coas viaxes de fin de curso a Mallorca

Publicado o 25/06/2021 15:16

O gromo orixinado nas viaxes a Mallorca supera os dos peores tempos da pandemia. "É un gromo dunhas dimensións que non estabamos acostumados a manexar", afirma o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. 

En Galicia hai 50 casos relacionados. Uns 30 son en Pontevedra, e xa se confirmaron positivos en Vigo, Lugo e Ourense. Ademais dos estudantes que viaxaron, hai familiares contaxiados.

"Temos familiares positivos nas áreas de Lugo e Ourense, pero non desbotamos que saian positivos noutros ámbitos", di o conselleiro. 

Si se confirma tamén que entre eses contaxios apareceron a variante británica e, a máis preocupante, a delta. Así, dende a Consellería recomendan non viaxar a Mallorca nas próximas semanas. 

Sanidade e Educación traballan na localización de todos os estudantes que viaxaron a Mallorca para facerlles probas PCR e rastrexar os contactos, se é preciso.

Noticias web

25/06/2021