CRTVG

Buscar

Cinco concellos coruñeses levan este xoves as súas protestas polo peche de oficinas bancarias ante a sede de Abanca

Publicado o 02/09/2021 08:58

Os alcaldes de cinco concellos coruñeses chaman a unha concentración de protesta contra o peche de oficinas de Abanca. 

Os rexedores municipais da Baña, Cerdido, Fene, Vimianzo e Zas chaman os veciños afectados a que os acompañen esta mañá na protesta ante a sede de Afundación, na Coruña. Ademais piden apoio de residentes noutros concellos que tamén foron ou van ser prexudicados polo peche de oficinas de Abanca.

A dirección da entidade financeira que xurdiu hai dez anos do desmantelamento de NovaCaixaGalicia prosegue co seu plan de peche de oficinas bancarias en vilas e barrios das catro provincias.

Noticias web

02/09/2021