Cinco mozos foron detidos polo roubo dun piso en Lugo
Publicado o 13/04/2021 13:59

Cinco mozos foron detidos en Lugo mentres perpetraban un suposto roubo nunha vivenda do centro da cidade. Teñen idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos e hai tamén unha menor.
Os detidos forzaron unha porta e unha ventá e foron sorprendidos polos axentes cando xa tiñan embalados diferentes obxectos para levalos do inmoble. O ruído que fixeron alertou un veciño, que foi quen deu aviso a policía.
Arestora permanecen en comisaría á espera de seren postos a disposición xudicial. Tamén se lles atoparon doses de marihuana e cocaína e un teléfono roubado.