CRTVG

Buscar

Cinco mortos en accidentes forestais no que vai de ano en Galicia

Publicado o 06/02/2019 21:18

Despois do da construción, o sector forestal é o que ten maior índice de sinistralidade laboral. No que vai de ano, en Galicia morreron en traballos forestais 5 persoas, a última onte en Brión. Era un empresario experimentado, caeulle enriba a póla da árbore que cortaba.

No sector recoñecen que nos últimos tempos se mellorou moito en materia de prevención, pero recordan que a prudencia e a concienciación é fundamental. Precisamente, neste sentido traballan desde a Administración. Tan importante é asumir os riscos como utilizar as medidas de seguridade.

No caso dos particulares que realizan este tipo de traballos, o principal consello é acudir a un profesional.

Noticias web

06/02/2019