CRTVG

Buscar

Cinco mil persoas evacuadas na Palma

Publicado o 20/09/2021 08:14

Cando comezou a erupción xa se estaba desaloxando a poboación máis vulnerable. Por sorte, a lava agromou nunha zona pouco habitada, nun piñeiral. Os veciños viviron estas primeiras horas entre o temor, o recordo da anterior erupción do 71 e a fascinación por este fenómeno da natureza. 

A media tarde xa se evacuaran dúas mil persoas, entre elas, medio milleiro de turistas, que foron realoxados. O número de desaloxados chegou durante a noite aos cinco mil, residentes en El Paso, Tazacorte e Los Llanos, concellos lindeiros á zona de Cabeza de Vaca. A Garda Civil facía a previsión de que se podía chegar aos dez mil. 

As autoridades delimitaron unha zona de exclusión de dous quilómetros e piden á cidadanía que non se achegue ás coadas de lava. A vida dende agora na Palma estará condicionada pola erupción. 

 

Noticias web

20/09/2021