Cinco futbolistas galegas, campioas de Europa de fútbol praia
Publicado o 25/06/2019 17:13
Carol, Eva e Sara, tres das xogadoras galegas que conquistaron a Champions de fútbol praia. Xogan no praias de San Javier de Murcia. A final xogouse en Portugal, en Nazaré. E o rival foi o Real Madrid. Gañaron nos penaltis. Carol meteu o decisivo.
Son as campioas de Europa de fútbol praia. Un deporte en auxe malia que en Galicia non existen clubs para poder competir. Gañaron a Champions co AIS Playas de San Javier, de Murcia, onde xogan en total cinco galegas. Na final impuxéronse ao Real Madrid.
Catro delas xogan tamén coa selección española, que en xullo disputa o Campionato de Europa na mesma cidade, Nazaré; e en outubro, o Mundial en Qatar.