CRTVG

Buscar

Cinco empresarios do Deza investigados por un posible fraude en cursos de formación

Publicado o 19/06/2018 20:59

A Garda Civil investiga cinco novos empresarios da comarca do Deza por suposta fraude en cursos de formación financiados con fondos públicos. Están acusados de falsificación de documento público e mercantil, estafa e pertenza a grupo criminal por cobrar axudas da Xunta e da Unión Europea para desenvolver cursos que finalmente non se levaban a cabo. Xa van 31 persoas detidas nesta operación, que comezou en 2015 e segue aberta. A Garda Civil calcula que a suposta fraude suma ata agora 661.000 euros.

Noticias web

19/06/2018