CRTVG

Buscar

Cinco concellos galegos estarán en peche perimetral desde o luns

Publicado o 25/04/2021 13:54

Son aqueles que presentan os peores datos e isto fai que as autoridades sanitarias vexan conveniente o seu peche perimetral, así como a clausura dos locais de hostalería e a prohibición de reunións entre non conviventes. 

Nestes momentos están nesta situación A Pobra do Caramiñal, O Grove, Cualedro e Carballeda de Valdeorras. E a partir desta medianoite incorpórase o concello de Vilanova de Arousa. Nos últimos sete días detectáronse aquí 21 casos nunha poboación de algo máis de 10.200 habitantes, o que fai elevar a súa incidencia acumulada aos 205 casos nos últimos sete días.

Datos que provocan que dentro dunhas horas se adopten no municipio as restricións máximas para evitar que as cifras continúen ascendendo.

Noticias web

25/04/2021