CRTVG

Buscar

Cinco alumnos da USC e catro profesores recibiron os Premios á Excelencia

Publicado o 04/04/2018 23:06

Cinco alumnos da USC e catro profesores recibiron esta mañá os Premios á Excelencia que outorga por primeira vez a universidade compostelá. Trátase duns galardóns que recoñecen os mellores expedientes  e as actividades de promoción que se organizan a través dos programas de mobilidade.

O premio á Excelencia en destinos internacionais recoñece os alumnos co mellor expediente académico nos créditos cursados dentro dos programas de mobilidade, o coñecido Erasmus. María Luz  é unha das poucas mulleres da súa promoción de Enxeñería Informática. Animouse a ir a Polonia para cursar alí o terceiro ano dos seus estudos. Unha experiencia que lle permitiu dedicarlles tempo ás clases pero tamén a coñecer os costumes doutro país.

Outro dos estudantes recoñecidos con este premio á Excelencia foi Daniel, estudante de Farmacia, que coñeceu un sistema universitario distinto ao da súa facultade.

Eles, xunto outros tres alumnos da universidade compostelá recibiron estes recoñecementos na primeira edición dos Premios á Excelencia, cuxo prazo xa está aberto para as seguintes candidaturas. Tamén catro profesores acadaron esta mención por participar en actividades de promoción da institución compostelá en universidades estranxeiras.

Noticias web

04/04/2018