CRTVG

Buscar

Cinco alcaldes vacínanse contra a covid malia que non lles correspondía

Publicado o 15/01/2021 13:59
Cinco alcaldes vacínanse contra a covid malia que non lles correspondía

Seguen transcendendo máis casos de alcaldes que se están vacinando contra a covid malia que non lles corresponde, porque non están no primeiro grupo prioritario de vacinación.


Un dos últimos casos foi nunha residencia de anciáns, na localidade de Riudoms, en Tarragona. Din que sobraron catro vacinas que se tiñan que inxectar como máximo en 15 minutos e que, como solución de urxencia, pediron ao alcalde que se achegara.

Tamén se vacinou o concelleiro que o acompañaba, de Junts per Cat. Ademais deles, fixeron o mesmo outros catro edís, en Valencia e Andalucía. Todos do PSOE. E coinciden nos argumentos: sobraban doses e por iso se vacinaron.

Noticias web

15/01/2021