CIG e BNG defenden a tarifa eléctrica galega e a nacionalización do sector
Publicado o 19/09/2021 18:43
Centos de persoas manifestáronse nas galegas principais nas mobilizacións convocadas pola CIG ante a suba da luz. Queren denunciar o que cualifican como espolio enerxético que sofre Galicia e a estafa que supón a factura da luz. Nas mobilizacións tomaron parte representantes do Bloque Nacionalista Galego.
Na de Santiago de Compostela coincidiron o deputado Néstor Rego e o secretario xeral da CIG. Defenden a nacionalización do sector eléctrico, a regulación do sistema e a creación dunha tarifa eléctrica galega.