CRTVG

Buscar

Cifran en tres as persoas falecidas e en 99 as desaparecidas tras a derruba dun edificio en Miami

Publicado o 25/06/2021 08:49
Cifran en tres as persoas falecidas e en 99 as desaparecidas tras a derruba dun edificio en Miami

Polo menos tres personas morreron e 99 continúan desaparecidas, segundo indican medios locais, tras o derubamento parcial dun edificio de vivendas en Surfside, no condado de Miami-Dade. Os equipos de rescate continúan traballando entre os cascallos en busca de superviventes.

As autoridades manteñen a cifra dunha persoa falecida, pero canles de televiisón elevan a tres os mortos. En total, 55 dos 136 apartamentos esborralláronse en medio dun forte estrondo. Os equipos de rescate traballan en quendas de catro horas para a busca de superviventes.

 

Noticias web

25/06/2021