CRTVG

Buscar

Cifran en máis de 2.600.000 os vehículos sen seguro en España

Publicado o 12/04/2021 20:12

En España póñense cada ano case 130.000 multas por carecer de seguro no vehículo. É o dobre que por conducir baixo os efectos do alcohol ou as drogas. Así o recolle un estudo elaborado pola aseguradora Línea Directa que cifra en máis de 2 millóns 600.000 os vehículos sen seguro en España.

Mesmo se o coche está rexistrado na DXT como baixa temporal debe ter o seguro en vigor.

Por comunidades autónomas, as máis turísticas como Baleares, Canarias e Cataluña son as que maior porcentaxe de coches sen asegurar teñen. Pola contra onde máis asegurados hai é en Aragón, A Rioxa e Castela e León.

Noticias web

12/04/2021