Científicos neerlandeses investigan a transmisión do virus nunha granxa de visóns
Publicado o 21/05/2020 09:20
Científicos neerlandeses alertaron dunha posible transmisión do coronavirus de animais a humanos nunha granxa de visóns.
O virus apareceu nun traballador desta explotación e é moi semellante ao que tiña un dos animais da granxa. A investigación levada a cabo indica que o visón puido transmitirlle a enfermidade.