A chuvia torrencial provoca asolagamentos en Valencia e Alacante
Publicado o 22/10/2021 14:27

Na Comunidade Valenciana, a chuvia que cae desde a noite pasada está a provocar numerosas incidencias, sobre todo nas provincias de Alacante e Valencia.
Problemas, sobre todo, no tráfico, e tamén inundacións nalgúns puntos. Nas zonas baixas rebordaron varios ríos. En localidades como Gandía ou Cullera xa caeron máis de 100 litros por metro cadrado.