CRTVG

Buscar

Chris Ramos asina por tres temporadas co Lugo

Publicado o 19/07/2021 12:54

Os nosos equipos seguen preparando o seu cadro de futbolistas. O Lugo fixo pública esta mañá a volta de Chris Ramos. O futbolista andaluz estivo cedido en Lugo a temporada pasada e disputou 35 partidos, sendo importante no treito final.

Aos seus 24 anos, agora asina contrato polas tres próximas temporadas para reforzar a parcela ofensiva do equipo de Rubén Albés. É a terceira incorporación do Lugo.
 

Noticias web

19/07/2021