CRTVG

Buscar

Chove dentro da igrexa de Moldes e os veciños piden o seu arranxo

Publicado o 25/01/2019 13:12

O mal estado do teito da igrexa parroquial de San Mamede de Moldes, no concello ourensán de Boborás, fai que chova dentro do templo. As pingueiras afectan ademais a instalación eléctrica obrigando mesmo a oficiar misas ás escuras. A parroquia conta con fondos suficientes para levar a cabo o arranxo pero están pendentes da autorización de Patrimonio para poder acometer as obras.

Mercedes encárgase de limpar e coidar a igrexa de San Mamede de Moldes. Ela mellor que ninguén é consciente dos problemas que ten o templo. As filtracións de auga afectan varios puntos do inmoble.

Un plástico cobre o confesionario para evitar que se estrague, aínda que o principal problema é a instalación eléctrica. Este ano non puideiron acender a calefacción polo perigo que supón enchufala e mesmo chegaron a asistir a algunha misa ás escuras.

A reparación do teito ascende a uns 15.000 euros, cantidade que xa recadaron. Agardan que o permiso de Patrimonio chegue canto antes para poder acometer as obras e evitar que a deterioración do templo vaia a máis.
 

Noticias web

25/01/2019