CRTVG

Buscar

A China suspende a entrada dos estranxeiros desde o Reino Unido

Publicado o 05/11/2020 08:19

As autoridades chinesas prohiben a entrada de todos os cidadáns doutros países desde o Reino Unido ante o avance da pandemia.

Este peche de fronteiras aféctalles tamén aos viaxeiros que posúan visado ou permiso de residencia en vigor para A China. Tampoucou eles poderán entrar no país asiático se proceden do Reino Unido.

A medida publicouna a embaixada chinesa en Londres, tras rexistrar o Reino Unido 492 falecementos por coronavirus e máis de 25.000 contaxios nun só día, a súa cifra máis elevada desde maio.

Noticias web

05/11/2020