CRTVG

Buscar

A China prepárase para recibir o ano novo lunar con algunhas restricións

Publicado o 08/02/2021 16:12

Hai un ano A China loitaba contra o gromo da covid-19. Hoxe o país asiático prepárase para unha das súas celebracións máis significativas, o ano novo lunar.

En Wuhan, o epicentro do coronavirus, as rúas e mercados recuperan a vitalidade previa á pandemia pero sen esquecer as medidas para evitar contaxios. Os restaurantes adaptan os seus menús para levar a domicilio, para que a xente poida desfrutalos na casa.

O ano novo chinés celébrase o vindeiro venres, o país enteiro vive os preparativos, pero con certas restricións. 

Noticias web

08/02/2021