A China lanzou con éxito unha nave con tres astronautas para construiren a súa estación
Publicado o 17/06/2021 09:21

A China lanzou con éxito a nave que leva tres dos seus astronautas cara á súa nova estación espacial, que aínda está en construción. A misión durará tres meses e ten como finalidade realizar labores de mantemento e preparar a estación para futuras misións. A China prevé levar a cabo ata once lanzamentos para completar a construción da súa estación espacial entre este ano e o que vén.