Cheo o Salón do Automóbil de Ourense
Publicado o 20/10/2019 22:53
Na undécima edición do Salón do Autómobil de Ourense poden verse por primeira vez en España modelos novos de distintas marcas.
Os 16 concesionarios presentes aseguran que este salón é unha boa oportunidade para mercar un coche novo.
Poden ser ata 1.500 euros de axudas que animan a moitos a cambiar de coche.
Ata 23 marcas poden ver cunha visita a Expourense. A asociación de concesionarios de automóbiles de Ourense agardan que as vendas sexan aínda mellores ca o ano pasado cando venderon preto de 500 coches.
Agardan que sigan a medrar as vendas, tamén no vehículo do ocasión, a feira é a próxima fin de seman tamén en Expourense.