Chegan as novas facturas da luz, con subas de entre 5 e 7 euros
Son as novas facturas da luz, xa cos consumos dos primeiros días de xuño e as novas tarifas eléctricas. Recibos con máis detalles en función do consumo en cada franxa horaria, a potencia contratada ou o tipo de contrato. En total, uns 14 conceptos non sempre doados de comprender, pero cunha suma final clara: "As subas andan entre un 20 e un 30 por cento", asegura Pablo Valcárcel, asesor enerxéxito.
É dicir, este mes cada fogar pagará de media entre 5 e 7 euros máis, en función do IVE que se lle aplique. Dende a OCU manteñen que "de non aplicarse a baixada do IVE, a factura sería de 73,6 euros. Aplicando esta baixada, a factura será de 69,3 euros".
Só este mes de xuño, o prezo da luz incrementouse un 103 por cento. No que levamos de ano, as familias pagaron de media 74 euros de máis.
É e que xuño remata co prezo da luz máis alto da historia. O megawatt chegará a custar hoxe uns 94 euros a hora.
Con vistas aos vindeiros meses, as previsións non son alentadoras. A propia ministra para a Transición Ecolóxica afirmaba que os prezos seguirán altos.