Chegan ás farmacias os test rápidos da covid-19
Publicado o 07/12/2020 09:13
Son tests rápidos de anticorpos que permiten coñecer o resultado en 10 minutos, no seu propio domicilio, e cunha leve picada no dedo. Os resultados teñen unha efectividade superior ao 90%. Iso si, para mercalos é preciso a correspondente receita do médico.
Os farmacéuticos están satisfeitos porque cren que a medida vai axudar a desatascar os centros de saúde, ademais de poder controlar mellor os asintomáticos.
A cooperativa de distribución de produtos farmacéuticos Cofares comezou xa a distribuílos nas farmacias.
O Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos advertiu de que os posibles positivos dos autotest de dagnóstico da covid-19 se teñen que confirmar cunha proba PCR.