Chegan a Santiago os primeiros peregrinos, que se lanzan á aventura en plena pandemia
Publicado o 25/03/2021 15:01
Estamos en ano santo, pero como ninguén pode esquecer, tamén seguimos en pandemia. Por iso a chegada a Santiago de peregrinos, que sería masiva noutras circunstancias, convértese en noticia a día de hoxe.
Os primeiros camiñantes chegan a Compostela vivindo unha experiencia que pouco ten que ver coa de anos anteriores.