Chegan a Santiago os 'instagrammers' que promocionan o Camiño
O actor Martiño Rivas, a deseñadora e modelo Gala González, a influencer e empresaria Cristina Cerqueiras e o xogador de balonmán coñecido polos seus vídeos de humor Xurxo Carreño completaron o seu camiño a Santiago.
Cada un acadou no esforzo a súa propia recompensa. Os catro veñen de cubrir en catro etapas a ruta portuguesa da costa desde Redondela, a unha media de vinte quilómetros diarios, unha experiencia que compartiron nas redes cos máis de catro millóns de seguidores que suman entre todos.
Martiño e Gala fixeran algúns treitos de pequenos, pero Cristina e Xurxo estreábanse.
Foi idea da Xunta reunilos e convertelos en embaixadores do camiño entre a mocidade. De seguro que espertaron as ganas de moitos. Eles catro téñeno claro, van repetir.