CRTVG

Buscar

Chegan a España os corpos dos dous xornalistas asasinados en Burkina Faso

Publicado o 30/04/2021 09:37

Chegaron os corpos dos dous xornalistas españois asasinados en Burkina Faso. Roberto Fraile e David Beriain foron repatriados nun voo do Ministerio de Defensa no que tamén viña o corpo do cidadán irlandés que foi asasinado canda os xornalistas españois.

Ás nove desta mañá aterraba en Torrexón de Ardoz o avión que traía os corpos de Daniel Beriain e Roberto Fraile. Na pista da Base Aérea estaban os seus familiares. Foron recibidos por un cordón militar e transportados a ombreiros por soldados do Exército do Aire.

A ministra de Asuntos Exteriores Arancha González Laya e a de Defensa Margarita Robles, e tamén a embaixadora de Irlanda en España Sile Maguire, estiveron presentes no recibimento.