CRTVG

Buscar

Pancho Casal (Marea Galeguista): "Imos elixir un parlamento que vai definir cal vai ser o futuro de Galicia"

Publicado o 29/06/2020 19:26
Pancho Casal (Marea Galeguista): "Imos elixir un parlamento que vai definir cal vai ser o futuro de Galicia"

Pancho Casal, líder de Marea Galeguista, foi o penúltimo candidato en chegar ás instalacións da CRTVG, e dixo: "Veño con moita ilusión porque o 12 de xullo hai que lembrar que se elixe un parlamento, non un presidente, un parlamento que vai definir cal vai ser o futuro de Galicia con toda a reconstrución nesta nova normalidade. E unha das cousas que veño conseguir é que Alcoa non peche".

"A realidade é que temos catro minutos por bloque en cousas que o señor Feijóo tivo catro meses nos telexornais da Televisión de Galicia", dicía Pancho Casal, en previsión do que agarda para o debate.