Beatriz Pino (Ciudadanos): "É un exercicio democrático que poidan escoitarnos a todas as forzas"

Beatriz Pino, candidata de Ciudadanos, agradeceu á súa chegada á CRTVG, ás 19:50, "a posibilidade de falar directamente a todos os galegos para que coñezan as políticas que temos que propoñer, políticas laranxas que van ser fundamentais para poder reconstruír Galicia despois desta pandemia que estamos a vivir".
"Son políticas que van permitir que Galicia non siga varada catro anos máis, que van permitir que lle deamos futuro a todos os galegos, en especial aos mozos que teñen que emigrar. O debate é un exercicio democrático para que poidan escoitarnos a todas as forzas, e é de agradecer", dixo Beatriz Pino.
#DebateTVG | Chega ás instalacións da CRTVG a candidata @Beatriz_Pino_ de @CsGalicia :
— G24 (@G24Noticias) June 29, 2020
"Agradecemos á TVG a oportunidade de contar a todos os galegos as políticas que temos que mostrarlles, políticas laranxas e fundamentais para reconstruír a nosa terra"
https://t.co/CVuvjgmo9u pic.twitter.com/lSn3y0lrfo