Chega unha nova DANA, que afectará sobre todo Cataluña, Valencia e as Baleares
A anterior DANA foi moi torrencial e afectou a zona sueste peninsular, con Ontiyent e Orihuela como zona cero. Pola contra, esta nova gota fría terá influencia no norte de Cataluña, as Baleares e a Comunidade valenciana. Chegará esta noite e o martes pola tarde xa se notará unha mellora do tempo. Os meteorólogos lembran que unha DANA non sempre é sinónimo de catástrofe.
"En principio, é un rápido movemento de sur cara ao norte, duración máis curta e só na zona da mariaña a La Safor, de madrugada pode haber algo máis de precipitación co algo máis intensidade e o litoral de Castelló, pois a partir da mañá, pero vaia, a mellora vaise notar axiña".
As maiores acumulacións de auga vanse rexistrar no nordés de Cataluña, onde se poden recoller ata 300 litros por metro cadrado. No resto de Cataluña, Valencia, as Baleares e Cantábrico oriental, será a metade, 150 litros.