CRTVG

Buscar

Chega 'O pacto do letargo', o novo cómic de Miguel Anxo Prado

Publicado o 06/08/2020 14:46

Miguel Anxo Prado entre os mehires da paz, un espazo máxico para falar da súa nova novela gráfica O pacto do letargo, en que o real e o imaxinario se confunden confunden para reflexionar da relación do home a natureza e da culpa.

Deus é bo pero o demo tampoco é tan malo. O diaño é un dos protagonistas do cómic que Miguel Anxo Prado debuxa sentado fronte ao mar Ártabro.

O libro publicouse en holandés, francés e portugués, pero ao pouco de chegar ás librerías a pandemia cortou a disctribución. Nestes momentos está no prelo a versión galega de Retranca Editora.

A edición galega e a castelá vanse presentar en Viñetas do Atlántico, que partir do 18 se vai converter no único festival presencial de cómic de España.

Noticias web

06/08/2020