CRTVG

Buscar

Chega o frío polar, cunha baixada xeneralizada de temperaturas en Galicia

Publicado o 04/12/2020 17:10

Toda Galicia abriu os paraugas. Decembro comeza facendo honor á tradición de ser un dos meses máis fríos do ano.

Quen máis quen menos sacou o impermeable e a bufanda. Toca abrigarse ben e sempre poñerlle ao mal tempo, boa cara.

Pontevedra estaba este luns a 25 graos de temperatura. Na cidade hai agora 14 graos menos. E a situación repítese en toda a comunidade.

Café para quentarse por dentro e por fóra, e golpes nas mans para correr o frío. O mellor remedio para encarar esta ponte festiva.

Noticias web

04/12/2020