CRTVG

Buscar

Chega o bo tempo á costa galega, aínda que sen avisos por calor

Publicado o 05/08/2020 15:46

Na costa non está activado ningún aviso por calor, pero o bo tempo volve acompañar despois de dous días con ceos toldados.

As temperaturas non van ser igual que as do interior pero si boas para esta época. Ceos azuis arestora,  pero do que estamos moi pendentes é das brétemas. Xa houbo esta mañá no litoral da Coruña, e hai probabilidades de que esas brétemas vaian para as Rías Baixas.

Para mañá, avisos por calor no interior, mentres na costa seguirán pendentes da brétema.

Noticias web

05/08/2020