CRTVG

Buscar

Adrián regresa tras pasar a covid-19 e estar confinado dúas semanas en Mallorca

Publicado o 01/07/2021 14:18

Adrián é un mozo de 18 anos e veciño de Vigo que tivo que permanecer ata agora confinado no hotel de Mallorca despois de dar positivo nunha PCR. Contou que os seus compañeiros regresaran hai varios días, pero el tivo que agardar ata recibir a alta e ter xa un test de antíxenos negativo. É dos que máis tempo pasou alí.

Recoñece que na illa se celebraron festas coma as que se puideron ver en moitas imaxes que circulan polas redes e que eran conscientes do risco.

Tiña que regresar a Vigo cos seus amigos o pasado día 17, o mesmo día que deu positivo. Agora, xa cun test de antíxenos negativo, puido volver. Adrián agradece toda a atención recibida neste tempo polas autoridades baleares e pide comprensión para os máis novos.

Noticias web

01/07/2021