CRTVG

Buscar

O Senado trámita a lei que penaliza as herdanzas en vida galegas

Publicado o 27/05/2021 15:10

Xa está no Senado a lei que vai subir os impostos ás herdanzas en vida. Se nada cambia, Galicia vai perder as vantaxes fiscais. O Congreso deulle luz verde cos votos do PSOE e Podemos e agora entra nesta cámara.

As herdanzas en vida son unha figura propia do dereito civil galego que aforra cartos e impostos. Se nada cambia no Senado, os galegos van perder estas vantaxes fiscais, o que na práctica é unha suba de impostos encuberta.

Que vai cambiar? Hoxe en día unha persoa que herda unha propiedade e a ten que vender antes de que morra o familiar que lla transmitiu non ten que tributar. Coa nova lei do Goberno, isto cambia, terá que render contas ante Facenda.

Noticias web

27/05/2021