Chega a Vigo unha nova edición do Festival de Cine Inclusivo
Publicado o 08/10/2020 11:56
Chega a Vigo unha nova edición do Festival de Cine inclusivo.
Trátase dun festival que se organiza para dar a coñecer eses proxectos para a igualdade e a inclusión. Nesta quinta edición preséntanse moitas novidades, falamos con Gonzalo Suárez, director artístico do festival, para saber máis sobre os proxectos deste ano.
"Temos, por primeira vez, concurso de longametraxes de ciencia ficción, webseries e curtametraxes documentais", explica Suárez.
Vanse exhibir unha trintena de proxectos. "Estamos moi orgullosos, o nivel cada vez sube máis". Cada ano dedícase a unha temática diferente, este ano tócalle ao tema sanitario. As proxeccións comezan o día 13 e buscan facer "visible o invisible".