CRTVG

Buscar

Chega a Santiago o peregrino número 100.000 deste ano

Publicado o 02/09/2021 15:33

Moi emocionado por chegar ao final do Camiño e ver de novo á Catedral e bicar ao Apóstolo. E hai que dicir de novo porque Manuel Xurxo Dominguez, que así se chama, é a terceira vez que fai a ruta xacobea. Chegou acompañado do seu fillo que é sacerdote e co que saíu de Valença hai máis dunha semana.

Feliz por completar a experiencia vital da ruta e, ademais, encantado por polo recibimento especial co que foi agasallado por ser o peregrino cen mil que chega a Santiago este Ano Santo.

Un Ano Xacobeo diferente debido á pandemia pero que, aínda así, está conseguindo cifras moi satisfactorias canto ao número de persoas que deciden facer o Camiño.

Dende que en primavera comezaron a levantarse a maioría das restriccións de mobilidade, a repunta de peregrinos vén sendo incensante. Unha proba da boa saúde do Camiño

Noticias web

02/09/2021