A peregrina 200.000 é unha madrileña que camiñou desde Tui para facer unha promesa
200.000 peregrinos. Esa é a cifra acadada á primeira hora da mañá hoxe dos camiñantes que veñen a Santiago para conseguir a compostela. Trátase dunha rapaza de Madrid que veu facendo o Camiño Portugués para cumprir unha promesa.
Sara Martín chegaba a primeira hora da mañá, co seu mozo Diego para conseguir a súa Compostela, o diploma que acredita o camiño percorrido. Pouco sospeitaba que sería a peregrina 200.000. No Centro Internacional de Acollida ao Peregrino participou dun pequeno acto de benvida.
Sara Martín, peregrina 200.000: "Viñamos falando no camiño, que nos fascinaba, tanto a paisaxe, coma a cultura, coñecendo as aldeíñas e todo. Entón falamos de que temos que volver facelo e máis longo tamén. Fixemos un curtiño e non tiñamos nin idea e agora repetiremos e probaremos outros sitios e tamén outros camiños".
Fíxoselle a entrega da súa acreditación, un libro, unha medalla e un xantar no emblemático Hostal dos Reis Católicos. A peregrina 200.000 chegou doce días antes que no 2018 todo un logro. Fito tamén para Sara, que xa cumpriu co seu primeiro obxectivo.
Sara Martín, peregrina 200.000: "Foi unha promesa. Eu levo catro anos opositando para a Policía Nacional e entón este ano dixen, por favor, Apóstolo axúdame que prometo facer o Camiño se o consigo. E como o fun conseguindo pouco a pouco ao final dixen, hai que facelo. Axudoume así que... E convencino a el". "Non había outra. Eu encantado de acompañala, foi unha experiencia inesquecible. Unha experiencia única, a verdade".
No mes de xullo o Camiño seguiu a tendencia a aumentar. A maioría dos peregrinos chegaron a pé. Case a medate fíxoo polo Camiño Francés. O segundo en popularidade é o Portugués, que trouxo o 20 por cento da xente. Por países os españois e os italianos son os que máis acoden a Santiago. Aínda que tamén os alemáns, os portugueses e os norteamericanos gostan de camiñar cara a Compostela.
"Eu veño de Barbastro da provincia de Huesca. E fago o Camiño porque hai dez anos que teño a ilusión de facelo. E este ano unha compañeira de traballo dixo, veña animámosnos. E rematamos de traballar o día 26 e o 27 empezamos o Camiño".
"Nós vimos de Saint Jean-Pied de Port, saímos hai doce días e decidimos facer o camiño pois un pouco por tema deporte, espiritual, naturalez, amigos".
"Este é o terceiro ano xa vimos dende León vimos xa dende moi atrás. E por circunstancias sobre todo médicas e demáis, pés en fin, o de sempre, tivemos que dividilo en tres etapas. E a verdade e que estamos xa encantados de estar por aquí".
"Si parecía que non iamos chegar nunca, pero, ben, xa o conseguimos. Boa experiencia, recomendable a tope calquera que teña calquera razón non fai falla que sexa relixiosa este é unha experiencia que une as persoas eu recomédoa. Inesquecible".
Se se mantén a evolución positiva do primeiros sete meses do 2019, a fin de ano haberá un novo récord histórico.